David Pintor

A Coruña 1975
davidpintor1975@yahoo.es
+34 676 38 11 40

É ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor.

En 1993 empeza a traballar co guionista Carlos López baixo o pseudónimo de Pinto & Chinto, convertíndose en poucos anos nunha referencia do humor político en prensa a nivel español. As súas tiras cómicas saen en xornais como Diario 16, La Voz de Baleares ou Diario de León. Actualmente o seu traballo aparece todos os días nas páxinas de opinión do xornal máis importante da comunidade galega e un dos máis importantes de España: La Voz de Galicia.

No campo da ilustración, colaborou con algunhas das máis importantes editoriais como Everest, SM, Anaya, Kalandraka, Sotelo Blanco, Círculo de Lectores, Biblos, Combel…

É creador, xunto a Chinto, da personaxe de cómic Tito Longueirón, que despois de sair semanalmente no suplemento de humor Xatentendo.com, en pouco tempo se convertiu nunha das series con máis éxito entre os lectores de historietas. Tanto é así que as súas aventuras foron exportadas a outras publicacións como Tretzevents.

Tamén realizou ilustracións para as revistas El Virus Mutante, Golfiño, BD Banda, Tretzevents, ECO, e Sapoconcho.

Participou en numerosas exposicións de ámbito nacional e internacional.

Premiado pola Society of News Design (SND) polos seus traballos en La Voz de Galicia.

Premio especial do xurado no IX certame de pintura "Pintor Argüelles"

Seleccionado para a feira de Boloña de 2007

Dende o ano 2004, iniciou a súa carreira como pintor, amosando interese por buscar novos horizontes no campo da plástica e o diseño… As súas obras viaxaron xa a diversas cidades en varias exposicións.

Libros:

  • Sobran as palabras. 1999. Xunta de Galicia
  • Suca. 2001. Everest
  • ¿Qué sabemos do Día das Letras Galegas? 2001. Xunta de Galicia
  • Aquilino pinta una nube y un camaleón. 2001. Combel
  • O libro dos xogos populares galegos. 2003. La Voz de Galicia
  • Dez por dous. 2004. Biblos
  • Hércules y Crunia. 2005. Kalandraka
  • Tito Longueirón. 2005. BD Banda
  • Historia de Román o bombeiro. 2005. Everest
  • O pequeno da familia fantasma. 2005. Sotelo Blanco
  • Cuentos en familia. 2006. Anaya
  • La puerta de atrás del paraíso. 2007. Alfaguara
  • Unha bruxa ben rara. 2007. SM
  • A miña avoa ten trece anos. 2007. Edelvives

Xornais:

  • La Voz de Galicia
  • Diario de León
  • Diario 16
  • La Voz de Baleares
  • El Correo Gallego
  • O Correo Galego

Publicacións:

  • Xatentendo.com
  • Golfiño
  • El Virus mutante
  • BD Banda
  • Tretzevents
  • El Ciervo

Exposicións:

  • A Coruña (Hotel Tryp María Pita, 2005)
  • Ourense
  • Ferrol (Galería Sargadelos, 2006)
  • Santiago de Compostela (Fundación Caixa Galicia, 2004)
  • Oeiras
  • Vila Real
  • León
  • Madrid
  • Pontevedra (Galería Sargadelos, 2007)
  • Barcelona (Galería Sargadelos, 2007)
elaborada por isenda